Thursday 19 de September de 2024

O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de ocio e tempo libre de 350 horas lectivas homologado pola Xunta de Galicia


O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de ocio e tempo libre homologado pola Xunta de Galicia. O curso terá unha duración de 350 horas lectivas, 200 teóricas (105 horas presenciais e outras 95 horas enliña) e 150 prácticas. Impartirase en Lousame en horario de fin de semana: sábados (mañá e tarde) e domingo (mañá).

As clases darán comezo o vindeiro mes de outubro. O obxectivo deste curso é formar ao alumnado para realizar actividades socioculturais e recreativas tanto no medio urbano como na natureza. O seu prezo é de 260 euros e as preinscricións poderán formalizarse a través do teléfono 981 820 494 (Concello).

Este curso formativo está organizado polo Concello de Lousame e será impartido por FESAN, Escola de Tempo Libre. Para participar é preciso ser maior de idade e estar en posesión, cando menos, dalgún destes títulos: Graduado en Educación Secundaria ou Graduado escolar (ou equivalente).

Ao rematar o curso, o alumnado recibirá un título homologado de monitor/a de ocio e tempo libre que o capacita para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e sociocultural orientadas tanto á infancia e a mocidade, como ás persoas maiores ou con necesidades especiais. Un monitor/a de ocio e tempo libre pode traballar en centros socioculturais, asociacións xuvenís, campamentos de verán, en actividades extraescolares de colexios, escolas infantís, garderías e puntos de atención á infancia, en empresas de ocio e tempo libre, etc

Deja un comentario